A Revista das letras cumpre 20 anos

O suplemento literario de Galicia Hoxe publicará unha serie de monográficos coa ocasión

3/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Vinte anos e máis de oitocentos números publicados. Estas son as cifras que marcan a traxectoria da Revista das Letras suplemento cultural primeiro de El Correo Gallego e agora de Galicia Hoxe. Con ocasión do seu aniversario, a publicación prepara unha serie de sete monográficos que se inician este mesmo xoves, que tratarán temas como a obsolescencia programada, o traballo de Herminio Barreiro, as revoltas árabes ou a reformulación da teoría crítica contra o capitalismo. Ademais, a coincidir co Día das Letras sairá un especial sobre Lois Pereiro e outro no que se falará sobre a xeografía monfortina do autor.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Lois Pereiro, Xeografía, El Correo Gallego

Claves

Protagonistas
Conceptos