Todo é silencio de Manuel Rivas en Narrativa, e Estremas de Ana Romanà en PoesÃa impuxéronse nos premios que a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou o pasado sábado. No transcurso da Cea das Letras premiáronse ademais O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, como mellor Libro infanto-xuvenil, O clamor da rebeldÃa. RosalÃa de Castro: ensaio e feminismo de Pilar GarcÃa Negro na categorÃa de Ensaio e mais Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo como gañadora entre as obras de teatro. Canda a isto, os socios da AELG seleccionaron a tradución Randea do alento que realizou Marga do Val, o blog O levantador de minas de Alfredo Ferreiro e mais a traxectoria xornalÃstica de Ramón Nicolás como mellores de 2011.