O arranque das feiras do libro deste ano, que tivo lugar en Ferrol, foi frouxo. Os libreiros recoñecen que as previsións "caeron en picado" e que a cita "non saiu ben". Un descenso na participación de librarÃas, menos vendas, e un apoio da Xunta que pasou de 260.000 a 200.000 euros para o conxunto das feiras son algúns dos factores que a Federación de Libreiros sinalaron para explicar este mal resultado. Precisamente mañá arrinca en Compostela a segunda cita desta xeira. A trixésima edición do evento comezará cun pregón de Diego Ameixeiras e conta coa presenza de 16 postos. https://playswiz.com/