Proxeccións, graffitis, música, presentacións editoriais, concertos e unha festa gastronómica fan parte do programa da homenaxe a Lois Pereiro que se prepara en Madrid. O colectivo Galicia en Madrid organiza no centro La Tabacalera o vindeiro 21 de maio un acto que quere lembrar o vencello do poeta con esta cidade. Entre outras propostas, proxectarase o documental sobre a vida de Pereiro que realizou Iago MartÃnez, realizarase unha conexión en directo co feche do Festival de Cans e haberá música da man de JING HANG MAN, os Cunha Brothers, Manu Clavijo e O Leo.