Iván Suárez e Ignacio Vilariño gañan o premio Castelao de BD

Titoán achégase á figura histórica de Castelao

Páxina de <i>O val dos cegos</i>, obra finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada
Páxina de O val dos cegos, obra finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada
O cómic Titoán, do debuxante compostelán Iván Suárez e o guionista de Lalín Ignacio Vilariño, é a obra gañadora da VII edición do premio de banda deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña e dotado con 6.500 euros e a publicación da obra gañadora.

Segundo explicou Miguelanxo Prado, “Titoán” é “unha achega adulta a un personaxe histórica como Castelao” e destacou “a metalectura do texto, a historia que se conta nun segundo plano da obra, como Castelao constrúe unha historia e vai atopando personaxes e situación”.

O xurado decidiu tamén seleccionar como finalista a obra Salpock, o val dos cegos, de Álvaro López Santos e Luis Sendón, que é “unha fantasía heroica, unha utopía e unha ucronía en clave de aventura”.

Ligazóns