O Festival de Cans potenciará o diálogo co público coa presenza de Fernando León

Jorge Coira amosará unha peza que non incluíu no seu filme 18 comidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É unha liña de traballo do festival o buscar diálogo entre o público e creadores audiovisuais. Nesta edición será o director Fernando León de Aranoa (Madrid, 1968) quen participe nesta sección. Baixo o título “Afectos Secundarios” o cineasta exhibirá tres pezas da súa carreira que el mesmo seleccionou. Son Grúa, único spot rodado polo director que xira en torno á educación vial, Me llaman calle, un videoclip rodado para Manu Chao en 2009 e Rumbita unha gravación doméstica de Manu Chao e os seus músicos. Ademais, dentro desta liña de encontros co público tamén participará Jorge Coira, nesta ocasión ofrecerá unha peza inédita que gravou para a súa película 18 comidas (sería a comida número 19) pero que decidiu non incluir no filme.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Comidas con premio

Comidas con premio

O filme de Jorge Coira,18 comidas, gran vencedor na noite do audiovisual galego

A comida improvisada

Jorge Coira presenta 18 comidas, a primeira película de improvisación do audiovisual

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando León, León, Jorge Coira, Manu Chao...