Como o propio DÃa Internacional do Libro (23 de abril) coincidiu en plena Semana Santa, diferentes entidades trasladaron a celebración ao vindeiro mércores 27 de abril. Unha efeméride que a ConsellarÃa de Cultura celebrará coa convocatoria do Primeiro Premio Libreiro Cultural Galego. Esta distinción pretende contribuir ao recoñecemento público das librarÃas que desenvolveran unha tarefa continuada de dinamización cultural e difusión do libro e da lectura. Ese mesmo dÃa, Cultura publicará unha declaración institucional sobre esta materia e regalará un libro a todos os que se acheguen á Biblioteca da Cidade da Cultura.