O Consello da Cultura presenta en Lugo unha mostra de cinema feito por mulleres

A actividade está organizada pola Comisión de Igualdade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As mulleres están incrementando a súa participación nos diferentes procesos do sector audiovisual en Galicia. Con todo, a súa presenza continúa invisibilizada, polo que a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega organiza un ciclo, “Creadoras Galegas de Imaxe”, que pretende dar a coñecer este traballo. Margarita Ledo, Peque Varela, María Reimóndez, Susana Rey, Sonia Méndez ou Olaia Sendón serán as protagonistas dunha mostra na que se verán as súas producións audiovisuais e que as propias autoras comentarán nun coloquio posterior. A cita desenvólvese ata o mércores en Lugo e a asistencia é de balde.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Creadoras: Interferencias

Creadoras: Interferencias

Comeza en Ferrol un ciclo para visibilizar as Producións audiovisuais feitas por mulleres

A hora das mulleres

A hora das mulleres

Un ciclo explora a creación feminina galega dos últimos tempos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Lugo, Igualdade, Cine...