O XXVI Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor en galego foi para Manuel Lourenzo González. Mundo Arb, unha novela para lectores a partir de dez anos de aventura e viaxes que deseña un mundo particular arredor dunha ábore xigante con diferentes comarcas e territorios. Os protagonistas son un rapaz e dúas rapazas que fan unha viaxe para coñecer outras terras por este espazo. O escritor recibirá 6.000 euros.