A obra completa de Pereiro sae en edición bilingüe galego-castelán

Libros del Silencio lanza un volume con prólogo de Pere Gimferrer

Capa da edición bilingüe da <i>Obra completa</i> de Pereiro
Capa da edición bilingüe da Obra completa de Pereiro
Libros del Silencio, editora barcelonesa dirixida polo galego Gonzalo Canedo, acaba de presentar a súa edición da Obra completa de Lois Pereiro, que inclúe tanto os poemas como os escritos en prosa do homenaxeado no Día das Letras. O libro, que conta cun prólogo de Pere Gimferrer foi traducido para ao castelán por Daniel Salgado e inclúe unha introdución de Xosé Manuel Pereiro ao mundo creativo do seu irmán.