Entre o 27 e o 30 de abril os versos voltarán tomar Ferrol. A IV Semana de PoesÃa Salvaxe chega á cidade co lema A palabra encarnada. Recitais, concertos e performances danse cita nun programa no que destaca a presenza de Carlos Oroza. Canda a el, participarán neste encontro O Leo, MarÃa do Cebreiro, Olga Novo ou o portugués Tiago Gomes, que estará acompañado polo guitarrista Pedro Moura. Ademais, o colectivo Alg-a realizará unha intervención artÃstica en Canido e mais no Pub Carteles.