Dezaseis paneis, oito vitrinas con libros e documentos, unha representación escenográfica do Merlín e Familia, videos e fotografías compoñen No niño novo do vento, a exposición sobre a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro que abría este venres en Mondoñedo. O proxecto, promovido pola Xunta, a Fundación Penzol, a Editorial Galaxia e o Concello de Mondoñedo, conmemora os cen anos do nacemento do escritor, e itinerará ao longo deste ano por cidades como Santiago, Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol e Vigo.
Dosier da exposición No niño novo do vento.