Mondoñedo acolle a exposición sobre o centenario de Cunqueiro

No niño novo do vento percorre a vida e a obra do autor en paneis e vitrinas

18/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dezaseis paneis, oito vitrinas con libros e documentos, unha representación escenográfica do Merlín e Familia, videos e fotografías compoñen No niño novo do vento, a exposición sobre a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro que abría este venres en Mondoñedo. O proxecto, promovido pola Xunta, a Fundación Penzol, a Editorial Galaxia e o Concello de Mondoñedo, conmemora os cen anos do nacemento do escritor, e itinerará ao longo deste ano por cidades como Santiago, Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro, Fundación Penzol, Concello de Mondoñedo...