Dúas novas obras abordan a figura de Lois Pereiro

Xerais e Toxosoutos súmanse á lista de publicacións encol do poeta

Lois Pereiro. Vida e obra é o título da biografía do poeta homenaxeado este ano no Día das Letras que acaba de presentar Xerais. Da man de Iago Martínez, autor tamén dun documental sobre Pereiro, a obra oferta un documentado percorrido pola vida do monfortino sen evitar cuestións como a súa relación por drogas ou a súa infección por SIDA. Pola súa banda, Toxosoutos presentou Lois Pereiro. O negro leite da aurora, unha obra colectiva na que autores como Lino Braxe, Marica Campo,Isidro Novo, Manuel Rivas ou Daniel Salgado abordan diferentes aspectos da figura deste autor. Unha cronobiografía, poemas sobre Pereiro, unha bibliografía completa e un percorrido polo seu traballo compoñen o volume.