El camino de Olej é o título do álbum co que Martín León Barreto Johnson gañou o IV Premio Compostela de Álbums Ilustrados, que convoca o Concello e mais a editorial Kalandraka. O xurado valorou a obra como unha adaptación da tradición oral, nunha viaxe iniciática que se organiza a través e obxectos. Pola súa banda, a florentina Ariana Papini, con ¿Quién querrías ser? e mais Moisés Yagües Fernández, de Murcia, con Al otro lado conseguiron cadansúa mención de honra.