Representantes dos principais proxectos de dixitalización bibliográfica a nivel mundial encóntranse deste esta mañá na Cidade da Cultura no encontro Bibliotecas Dixitais. Ata o vindeiro sábado os participantes debaterán as posibilidades e técnicas dos procesos de dixitalización. Ademais, coñecerán o proxecto da biblioteca dixital galega Galiciana. Segundo explicou na inauguración do evento Roberto Varela, conselleiro de Cultura, esta iniciativa “é só o inicio dun amplo proxecto de accesibilidade dixital ás coleccións existentes nas institucións de memoria galegas”.