Gas Natural Unión Fenosa convoca as súas bolsas de creación artística no estranxeiro

A contía desta axuda é de 16.000 euros

5/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Son unha das convocatorias máis agardadas polos creadores plásticos ou visuais deste país. Gas Natural Unión Fenosa acaba de presentar unha nova convocatoria á que poden concorrer todos os creadores que naceran ou residan en Galicia e non cumpriran 35 anos. O período de formación que permita esta bolsa terá unha duración de 18 meses (cun mínimo de 5 no estranxeiro), cunha dotación de 16.000 euros que custeará viaxes, estadías, materiais e matrícula en centros docentes. O resultado final deste traballo deberá figurar nunha memoria que ha de ser aprobada polo xurado.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fenosa

Claves

Entidades