Construción dunha obra civil enriba dun camposanto coa conseguinte destrución dos restos arqueolóxicos que implica un cambio rotundo na paisaxe. Este é o escenario no que se move o proxecto Arqueoloxía do estudario do Muni que a Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura financia en colaboración con outras entidades. Malia que falamos de Guinea Ecuatorial a situación é a mesma que se ten producido en Galicia en numerosas ocasións. Por iso, un equipo de arqueólogos galegos achegan a súa experiencia neste proxecto. Un deles, Xurxo Ayán, explica neste vídeo como aplicar metodoloxías xa traballadas en Galicia.
Dirixido por Alfredo González Ruibal o proxecto: Arqueoloxía do estuario do Muni está financiado pola Dirección Xeral de Bellas Artes do Ministerio de Cultura en colaboración co de Asuntos Exteriores e coa Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI). Nel existe un equipo multidisciplinar formato por unha quincena de profesionais cataláns e galegos. O arqueólogo Xurxo Ayán, epxlica que o proxecto ten unha triple dimensión: en primeiro lugar comprobar o impacto arqueolóxico da construcción dun aeroporto na illa de Corisco (en Guinea Ecuatorial); en segundo lugar, a influencia do colonialismo español neste territorio; e, por último, un apartado de arqueoloxía pública que implica traballo coa comunidade local para que tome conciencia do seu rico patrimonio. Metodoloxías que xa aplicaron en Galicia, con grande éxito e que tamén está a funcionar en Guinea (país que ócupa o último lugar do mundo en educación). O proxecto, que comezou hai máis dun ano, analiza unha excavación da Idade do Ferro e, na súa opinión, os seus achados evidencian o camposanto máis grande xamais visto de África central. A cantidade, o estado de conservación así como a riqueza do material converte este proxecto nun interesante proxecto ao que aínda lle quedan, comon mínimo, un par de anos de investigación.