Este é un momento dóce para LuÃs Tosar. Este sábado recolle no Festival de Cine de Málaga un premio que recoñece a súa traxectoria profesional. A mesma pola que a Academia Galega do Audiovisual(AGA) lle concederá o premio Fernando Rey nos vindeiros Mestre Mateo. Na gala, que terá lugar o 17 de abril en Ourense, tamén se entregará o premio Revelación Chano Piñeiro, que a AGA lle concede a Óliver Laxe. O encontro estará presentado por Xosé Antón Touriñán e Belén Regueira.