A Coruña pasará a vindeira a lembrar a Cunqueiro. A ConcellarÃa de Cultura fixo público hoxe o programa co que homenaxeará o mindoniense. Cinco dÃas con Cunqueiro comprende dúas representacións teatrais de O incerto señor don Hámlet a cargo de Sarabela Teatro, ademais dunha charla musicada de César Morán sobre este autor e a intervención de Miguel Mato sobre o documental Don Cunqueiro ou o camiño da memoria. Finalmente, un recital a cargo de Yolanda Castaño, Antón Reixa, Xavier Seoane e mais Lino Braxe con Rómulo Sanjurjo completan o programa.
Programa de 5 dÃas con Cunqueiro.