Unha colección de obras recentes da narrativa galega vertidas ao castelán. Esta é a aposta de Pulp Books, o selo que acaba de presentar Rinoceronte Editora. O proxecto, sae á rúa coas traducións de Querida catástrofe de Teresa Moure e mais de Dime algo sucio de Diego Ameixeiras. As obras lánzanse cun deseño colorido que, segundo explica Moisés Barcia, director de Rinoceronte, "busca combatir un pouco as reminiscencias románticas ou bretemosas da literatura galega". A obras saen cunha tiraxe de 1.500 exemplares e serán distribuÃdas en todo o Estado. No web de pulpbooks é posible consulta a ampla lista de tÃtulos que a iniciativa ten en preparación, con autores como Iolanda Zúñiga, Xavier Alcalá, Francisco Castro, Carlos Meixide ou JaureguÃzar son outros dos autores que publicará o selo.