Os Encontros Cidade da Coruña contarán con Ana Paula Tavares e Antonio Gamoneda

O evento contará tamén coa presenza de Ana Romaní e Mariasun Landa

29/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cartel dos IV Encontros Cidade da Coruña

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello da Coruña e a Real Academia organizan a IV Edición dos Encontros Cidade da Coruña. A sede da RAG acollerá desde o trinta de marzo e ao longo do mes de abril, un encontro semanal con diferentes autores. A angoalna Ana Paula Tavares abre o programa que contará coa presenza de Mariasun Landa, de Euskadi e da galega Ana Romaní. O coñecido Antonio Gamoneda fecha o evento cunha conferencia sobre a linguaxe poética.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Romaní, Mariasun Landa, Escritores, Lingua galega...