A Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, a máis importante do mundo no seu xénero, comezou onte cunha nutrida representación galega. Dezaseis firmas participan mediante o posto común que cada ano achegan ao evento a ConsellarÃa de Cultura e mais a Asociación Galega de Editores. A este espazo súmase, nesta edición, postos propios de diferentes firmas do paÃs, segundo a propia páxina do evento. Deste xeito, Galaxia, OQO, Nova Galicia e Kalandraka (a través da súa filial andaluza) achegarán ao evento as súas novidades e aproveitarán para negociar dereitos para novas publicacións. No evento presentarase o catálogo Galician Books for Children&Young Adults 2011, editado por Cultura e preparado pola asociación GALIX. Pola súa banda, David Pintor achegará as súas ilustración á exposición colectiva que organiza cada ano a feira.