Foi un dos pais da Asociación de Tradutores Galegos, xerente da editorial Galaxia e asinou as traducións para o galego dalgúns tÃtulos fundamentais da literatura. ValentÃn Arias falecÃa o pasado venres en Lugo aos 77 anos de iadade. Deixa tras de si unha importante pegada nas nosas letras, con obras como A lingua galega na escola, A escola rural en Galicia, Lois e Sabela ou Como se fai um libro?. Entre outras traducións, asinou as versións galegas de obras como As aventuras de TintÃn (Hergé), Viaxe ó centro da terra (Verne), Voo de noite (Saint-Exupéry), O xardÃn (M. Duras) ou O estranxeiro (Camus).