Buscar un novo xeito de achegar a poesÃa á xente. Esta é a premisa coa que nace Tinta de Lura, unha proposta que pretende encher o paÃs de camisetas nas que versos de Lois Pereiro, RosalÃa de Castro ou O Leo se mesturan con vistosos deseños. Malia a que a iniciativa estará xa presente no vindeiro encontro cultural Achegarte, na Coruña, será para o mes de maio cando se faga a presentación oficial. Para alén de camisetas literarias e outros soportes novidosos para a nosa creación, o proxecto quere crear un web no que estes produtos se relacionen cos correspondentes discos ou libros, asà como crear unha completa axenda cultural que lle preste especial atención á cultura de base.
GalerÃa: Tinta de Lura
Texto de Valentina Carro PadÃn