O requerimento dun fan e promotor peruano deu en que AerolÃneas Federales, mÃtico grupo da movida viguesa, volte aos escenarios logo de 15 anos. Será só para dúas actuacións no paÃs andino os vindeiros 18 e 20 de maio. No Perú AerolÃneas federales gozan dunha forte sona ata o punto en que o pasado ano 2005 editouse nese paÃs Alegra la cara - Tributo a Aerolineas Federalesun disco tributo ao grupo no que colaboraron 21 grupos de España, México, Perú, Chile e Arxentina. Os membros da banda, Miguel Costas, Silvino D. Carreras, Luis Santamarina, Coral Alonso e Rosa Costas están actualmente a ensaiar en Vigo o repertorio para a ocasión, pero descartaron a posibilidade de retornar á música de xeito profesional como banda.