As bibliotecas dixitais danse cita na Cidade da Cultura

Un seminario internacionais reunirá as principais iniciativas deste tipo entre o 7 e o 9 de abril

As Bibliotecas Dixitais é o título do seminario que reunirá, entre o 7 e o 9 de abril, as principais propostas deste tipo na Cidade da Cultura. O evento contará coa presenza de institucións tan prestixiosas como a Library of Congress dos Estados Unidos, a British Library, a World Digital Library da Unesco ou Europeana da Comisión Europea, así como coa iniciativa Google Books. A intención é reflexionar sobre as posibilidades que abren as novas tecnoloxías para a difusión do traballo bibliotecario e os retos da dixitalización. No curso do evento presentarase Galiciana, a biblioteca dixital galega que se integra no proxecto Europeana e que se nutre do traballo de dixitalización desenvolvido desde o Centro Superior Bibliográfico e mais da Biblioteca de Galicia.