O lecer das augas

Unha publicación recupera a historia do termalismo en Galicia

Naceron como espazos para acoller a doentes (e ás súas familias) durante longas temporadas. Algúns xeraron tanto movimento que acabaron por converterse en vilas; pola contra, outros desapareceron co pasar dos anos. Os balnearios acabaron por relegar esa función terapéutica en prol dunha faceta moito máis lúdica. Repasamos cinco momentos da historia do termalismo galego da man de Luis Alonso, profesor da Universidade da Coruña e autor dunha publicación que estuda este fenómeno desde o século XVIII.

O lecer das augas. Historia do balnearios de Galicia (Galaxia, 2011) é o título dunha publicación que documenta e estuda as diferentes etapas da historia dos balnearios de Galicia. Luis Alonso, profesor de Historia económica da Universidade da Coruña é, xunto con dúas profesoras do departamento, Elvira Lindoso e Margarita Vilar, autor desta publicación.

Ruinas dun baño romano aparecidas no século XVIII en Carballo. Orixinal de Ferro Caaveiro







Luis Alonso explica que "son as ruinas romanas que se atoparon no século XVIII que deixou debuxado Miguel Ferro Caaveiro, o mesmo que colaborou na reedificación da fachada do Obradoiro". Ademais, apunta a lenda que existe sobre a súa construcción, que "fala dun paisano que viu saír fume dunha montaña de terra e pensou que había un tesouro e convenceu a un veciño para pórse a buscar e atoparon pedras e un cano que volveron a enterrar todo rexeitaron o tesouro. Isto púxose en comunicación coas forzas vivas da área e trouxeron ao arquitectos".
Na súa opinión "isto é unha mostra de que no século XVIII se recuperan a tradición dos baños en Galicia ao igual que acontecía no resto do Estado. Isto significa que no século XVIII se redescubre todo isto pero só para as elites políticas, económicas e militares. Desde antes dos romanos, os nosos devanceiros, as áreas próximas xa as empregaban e lle atribuían poderes máxicas".

A vista máis antiga dos baños de Arteixo en 1886







Este docente da Universidade da Coruña explica que "é un debuxo feito nunha memoria dun director médico dos Baños de Arteixo de cómo eran naquel momento, a mediados do século XIX". Era o momento no que o termalismo xa están en marcha porque a Ilustración puxo en marcha esa actividade nova, esa especie de turismo termal. "No século XIX xa aparece unha regulación, xa aparecen as primeiras empresas… aquí temos un balneario sinxelo que ten todos os componentes dun balneario desta etapa", explica Luis Alonso, que describe as súas características básicas. "Ten no centro as casas de baño, ten fonda, hospitais... Os “pobres” non tiñan posibilidade de alugar unha casa como as que había por aí e ían a un hospital público e logo están as casas (que están por abaixo para alugar), había tamén unha capela, que é un elemento importante. Cando se descubría unha auga dedicábase a un santo e é importante porque estaba sostida por unha cousa que se chamaba capelanía, que tiña unha serie de rendas coas que se podía financiar a propia capela e tamén facía actividades para os doentes que ían alí. Nesa época que non había camiños decentes (de ferradura-para animais-ou os de roda-nos que ian os carros) e os doentes ían en carros e cabalos e ían trebellos da cociña e colchons para pasar varios meses. Isto era común". Aquí tráese a colacion o balneario de Arteixo, pero eran prácticamente así todos os desta época. "Eran moi familiares e pola mañá tomaban un baño e pola tarde daban un paseo… e así daban un camino ata a costa". Na súa opinión "é importante sinalar tamén que esta imaxe está extraída das memorias que escribían os directores médicos. Todos os balnearios oficiais tiñan que ter un médico que pasaba unha oposición e estaba obrigado a facer unha memoria con todos os acudidos que pasaran por alí (quen, de onde viña e ás veces acompañaba…) un rexistro diario da actividade".

Caldelas de Tui a fins do século XIX







"Aquí xa temos unha fotografía, que está un pouco deteriorada que, seguramente estivera nunha zona humida con marcas dos médicos que debuxan como cambiou o estilo" puntualiza Luis Alonso que explica que os doentes e as familias están sentados, tomando o sol, dun balneario moi pequeño e moi familar. "Aquí xa cambiamos de paradigma. Xa non é o doente do século XVIII, que estaba en situación moi precaria en termos de saúde, e ían moi mal. Agora hai unha mistura da xente que ten problemas de saúde con outra que aproveita para ir pasar o verán". É unha mistura de saúde e de lecer co que se xuntan os dous elementos neste paradigma que vai estenderse a todo o século XX. "Eran actividades como estar pasando o rato. En xeral este tipo de balneario o que fan é incorporar elementos de lecer aos de saúde. Tiñan salóns de baile, onde se facían tertulias e onde se facían excusións a poboacións veciñas. É o que se podía dicir dos balnearios familiares. No século XIX os usuarios dos balnearios, dunha banda segue habendo demanda popular de labregos máis ou menos acumulados, pero tamén do habitante das ciudades que nos veráns acode a tomar as augas. De xente de cidade de clase media que acode. A estes balnearios menos rurais acode xente das capitais de provincia e dos arredores e mesmo de fóra de Galicia".

Postal del Balneario da Toxa comezos do século XX







Este é o primitivo edificio que xa non existe por mor dunha reforma que se fixo nos anos sesenta. "O actual é o resultado de todo isto. Non actual hai algunha parte do vello edificio e se eliminaron estes elementos decorativos como son as torres coas estatuas" aclara Alonso. Os propietarios deste balneario mesmo encargaron unha película promocional que se pode ver na exposición que está en Ourense nestes momentos. O filme (Miss Ledya), no que participa Castelao como actor, conta a historia duns magnates que van alí e que preparan un atentado terrorista. Mentes, xorden uns amores entre os protagonistas e casan. Está feita por un fotógrafo de Vigo moi coñecido de Vigo (José Gil y Gil) "Nesta época, aclara Alonso, constrúense en España grandes balnearios ao estilo deste gran hotel. Santander, en Navarra, no País Vasco… porque a xente é moi adicta a ir aos balnearios. Ía a aristocracia, os políticos, os propios reis, as elites da cultura, as elites científicas… o propio goberno (se chegaron a celebrar consellos de ministros)".

A vida cotiá en Mondariz década de 1920







Luis Alonso explica que o que está á dereita é "o balneario de Mondariz que promoveu Galicia como marca comercial en todo o mundo". Trátase do antigo balneario que ardeu totalmente pero que se reconstruiu hai uns anos. Este balneario xa é para elites e aquí estiveron grandes escritores (Azorín, Pardo Bazán…) e aquí celebráronse ata consellos de ministros. Alonso aclara que "moitas das decisións importantes para España a finais do século XIX e comezos do XX, se tomaron nos aquí nos veráns, que era a época na que abrían este tipo de establecementos". Esta fotografía é o leitmotiv da exposición e a portada do libro porque representa o espírito deste establecemento. "Mondariz, explica Alonso, marcou unha época e foi visitado por moita xente e algunha moi importante como o magnate americano Rockefeller".