Xerais lanza a poesía completa de Lois Pereiro

Tamén se presenta a biografía do autor que realizou Marcos Calveiro

Capa de <i>Lois Pereiro. Náufrago do paraíso</i>
Capa de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso
Xa está nos andeis a Poesía completa de Lois Pereiro que Ana Acuña reuníu para Xerais. O proxecto inclúe os poemarios xa coñecidos do autor canda a textos publicados na revista Luzes da Galiza e as introducións de Manuel María e Manuel Rivas ao poemario Poemas para unha Loia. De xeito paralelo, a editora presentou Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, unha biografía e escolma de textos deste autor que realizou Marcos Calveiro. A obra, publicada na colección xuvenil Fóra de Xogo, percorre a vida do poeta na forma dun falso guión cinematográfica, mesturando ficción e realidade.