Hoxe 21 de Marzo, DÃa Mundial da PoesÃa, o Centro Pen de Galicia, en colaboración co Consello da Cultura Galega, conmemoran a data co lema “unha ollada de luz no vento Lois Pereiro”. A Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acolle a partir das 19´30 horas un recital poético que contará coa presenza de Olalla Cociña, Manuel Rivas, LuÃs González Tosar, Marilar Aleixandre, Salvador Garcia Bodaño e LuÃsa Castro. Asistirán ao evento o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, e mais Presidente do Centro PEN-GALICIA, LuÃs González Tosar.