A Asociación de Amigos do Mosteiro de Monfero agrupa a máis de 60 persoas

Veciños de Monfero manifestanse para recupera-lo mosteiro

A situación de abandono en que se atopa o Mosteiro de Monfero, unha das xoias do románico de Galicia, motivou ós veciños de lugar para organizarse e evita-la súa destrucción. Unha das obras máis urxentes a acometer, segundo a asociación, é a reparación do receptorio, actualmente semiderruido.

Obxectivos do colectivo




A Asociación Amigos do Mosteiro de Monfero baralla a posibilidade de financiar proxectos específicos de recuperación. Neste sentido, pretenden realizar un tríptico sobre o edificio co fin de presentarllo ás institucións e buscar axudas económicas. Ademais, prevese realizar visitas guiadas dentro dos espacios e actura contra a maleza que invade as estructuras.





Párrocos membros




O novo colectivo está constituido por máis de sesenta veciños, que pagarán unha cota anual de 1.000 pesetas. Santiago Ramón González López é o presidente desta nova asociación, que ten como vocais os dosu curas párrocos de Monfero: Álvaro Barros Quiven e Miguel Carneiro. A iniciativa non é a primeira que se realiza sobre este complexo: Xa o pasado verán se organizaron visitas guiadas ó mesmo e o Concello acordou investir dez millóns de pesetas na restauración. O teléfono de contacto coa asociación





Historia do mosteiro




O Mosteiro de Monfero, ja uns vinte quilómetros de Pontedeume, fundouse en 1135 por orde do emperador Alfonso VII e está considerado un dos principais centros do Cister en Galicia. A mediados do século XIX foi abandonado coa desamortización e quedou no medio do monte, cuberto de maleza, ata mediados deste mesmo século.