Un acordo co Institute for Workforce Education (IWE) de Chicago permitiralle á editora viguesa Ideas Propias entrar no mercado estadounidense. As dúas entidades coeditarán versións adaptadas aos contidos deste paÃs de 150 tÃtulos dos presentes no catálogo da editora galega, especializada en manuais para diferentes ámbitos formativos. A entidade americana encargarase da adaptación e creará contidos didácticos extras para o material galego.