O actor Xan Cejudo é o novo Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A decisión da Xunta Directiva da entidade quere recoñecer a longa traxectoria e a singular contribución de Xan Cejudo á profesionalización do teatro en Galicia. O Premio de Honra Marisa Soto naceu no 1997 como galardón que distinguise a especial traxectoria de persoeiros no marco dos Premios de Teatro de MarÃa Casares o primeiro en recibilo foi AgustÃn Magán e no pasado ano 2010 foi recaer en Gonzalo Uriarte. Nado na Coruña en 1947, a carreira de Xan Cejudo comezou a mediados dos anos 60 no grupo de teatro O Facho e ten un extenso percorrido teatral como actor, director e autor. No audiovisual, Xan Cejudo tamén amosou o seu talento en diversas longametraxes e series de televisión, galegas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, RÃas Baixas, Galicia Express, As leis de Celavella) e españolas (El Comisario, Periodistas, PolicÃas, Cuéntame). O actor coruñés recibirá o seu galardón durante a cerimonia de entrega dos XV Premios MarÃa Casares, o vindeiro 23 de marzo.