O monte é noso. Conflitividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en man común é o tÃtulo do ensaio co que Araceli Freire gañaba esta mañá o II Premio Xohana Torres de ensaio. Na súa obra, Freire analiza o lugar que ocupaban as mulleres, legalmente diminuÃdas nos seus dereitos fronte aos homes, nos conflitos polo monte en mancomún que se produciron no noso paÃs durante a dictadura. A autora, que o pasado ano levara o premio Juana de Vega de novos investigadores, recibirá 3.000 euros e verá publicado o seu traballo pola Universidade de Santiago.