É a formación máis exitosa de todas cantas hai en Galicia, ademais de ter un público fiel consegue colgar o cartel de “non hai entradas” en numerosas ocasións. A Xunta acaba de anunciar que reducirá a súa axuda a este proxecto en 600.000 euros, o que acaba de enfadar ao concello da Coruña. No último pleno os diferentes partidos polÃticos (coa excepción do PP) aprobaron unha moción esixindolle á administración autonómica que “rectifique”. Mentres tanto, a OSG continúa coa súa programación e esta fin de semana ofrecerá unha homenaxe ao compositor galego Manuel Balboa.