O Padroado do Museo do Pobo Galego acordou na súa xuntanza do pasado sábado comezar a cobrar a entrada ao centro a partir do vindeiro 1 de abril. Tres euros para os visitantes individuais, manténdose a gratuidade para visitas escolares, socios e parados. Segundo explicou Xusto Beramendi, presidente do padroado, con esta medida agárdanse recadar entre 30 e 60.000 euros anuais. Ademais, a entidade anunciou que contactará con diferentes empresas con vistas a incrementar o número de socios protectores desta institución. Desde o pasado ano, os orzamentos reducÃronse de 625.989 euros a 496.563 pola redución de achegas institucionais.