A seguir coa vella arela de incrementar a participación feminina na Real Academia, o Consello Municipal da Muller de Vigo está a desenvolver unha campaña para que a escritora MarÃa Xosé Queizán ingrese neste organismo. Dentro da mesma, onte lle entregaron ao seu presidente, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, unha solicitude con 365 apoios, tanto de colectivos como a tÃtulo individual, solicitándolle á institución que teña en conta a figura de Queizán de cara a cubrir a vindeira vacante. As candidaturas à RAG deben vir avaliadas por tres académicos e son seleccionadas polo plenario da institución.