A Casa Museo de Manuel Antonio abrirá en Rianxo a vindeira primavera, segundo anunciou onte o alcalde desta localidade, Pedro Piñeiro. O adianto fÃxose durante a recepción dunha importante doazón de fondos relacionados co poeta rianxeiro. A sobriña do finado achegou á futura casa museo material entre o que se atopan setenta placas fotográficas realizadas polo propio poeta, asà como catro cachimbas, fotografÃas e cartas entre outros obxectos. A futura Casa Museo pretende ser o xermolo da futura Academia Literaria de Rianxo, que comprenderá, canda a esta, as casas museo de Dieste e de Castelao.