Todo é silencio, a última novela de Manuel Rivas sariá en inglés baixo o selo Harvill Secker, unha división de Random House. Ademais, a obra terá tamén unha versión en francés da man da prestixiosa casa Gallimard. Nestes dÃas está a chegar ás librarÃas galegas a segunda edición da obra na nosa lingua, logo de que se esgotasen os 12.000 exemplares da primeira. Pola súa banda, A praia dos afogados de Domingo Vilar, continúa a súa exitosa carreira e alcanza xa a quinta edición, con máis de 26.000 exemplares vendidos.