O filólogo ribeirense e presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica Carlos Callón gañou esta fin de semana o Vicente Risco de Ciencias Sociais polo seu ensaio Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Segundo explica Callón no seu blog, "analizo como se constitúe o prexuÃzo anti homosexual, como se crea a idea de sodomÃa e como se converte nun pecado central para o cristianismo, a pesar de que está ausente dos primeiros mil anos de historia desta relixión. Mais tamén observo como, xunto co xurdimento da homofobia, aÃnda se mantén na Idade Media un clima de permisividade nas relacións afectivas entre homes". Callón destaca un documento do ano 1061 recollido no Tumbo de Celanova no que dous homes, Pedro DÃaz e Muño Vandilaz, subscriben a súa unión en Rairiz de Veiga.