Dúas mil láminas con poemas de Cunqueiro en quince idiomas tendidos na Praza da Constitución de Vigo dispoñibles para quen os queira ler ou levar. Esta é a iniciativa artellada pola Universidade e mais o Concello de Vigo co que comezan os actos de Celebración do Ano Cunqueiro. O vindeiro sábado 26 un acto no Centro Social Caixanova continuará as homenaxes coa presenza, entre outros, do presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, do cantante LuÃs Emilio Batallán e mais de alumnos da Escola de Arte Dramático, que escenificarán un dos textos do mindoniense.