Xoán Manuel Pintos, un dos precursores do noso Rexurdimento, dedicou unha parte relevante da súa obra literaria á súa cidade de Pontevedra. Agora, o concello de Pontevedra elaborou un roteiro pola cidade para explorar os puntos significativos da vida do autor e, por estensión, a intensa vida cultural da cidade no século XIX. Podes gozar del na nosa aplicación Roteiros.