Un percorrido polas pegadas de Xoán Manuel Pintos, un dos precursores do Rexurdimento, pola cidade de Pontevedra. Este é o proxecto que presentaba onte o Concello de Pontevedra como parte da programación do Ano Pintos, que celebra este 2011. A guÃa do roteiro, dispoñible en papel e a través da rede, permite a todos os interesados realizar de xeito individual o percorrido polos lugares do Casco Histórico da Cidade vencellados a esta figura. O programa do Ano Pintos continuará coa celebración dun congreso dedicado ao precursor entre o seis e o nove de abril.