Un repositorio sobre a poesÃa feita no noso paÃs nos últimos dous séculos. Esta é a intención coa que nace PoesÃagalega.org, o web que se pretentaba esta mañá no Consello da Cultura Galega. A iniciativa xorde baixo o amparo tecnolóxico da plataforma Culturagalega.org mediante un acordo de colaboración entre o Grupo Alea de Análise Poética (GAAP), coordinado por Arturo Casas, e mais o Consello da Cultura Galega. Segundo explica o GAAP, este web “representa o resultado inicial dun traballo de colaboración en proceso que, a medida que incremente contidos e información, está chamado a constituÃrse nun dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesÃa e a literatura galegas contemporáneas no espazo cultural de seu e nun marco amplo de relacións interculturais”.