Un vertedoiro dos restos da obra prevista na estrada A-59 soterrará, se non se pon remedio, un conxunto de petróglifos en San Sadurniño de Amoedo, Pazos de Borbén. A asociación de veciños de Amoedo denuncia que no plan de obras anunciado por Fomento prevese situar unha entulleira precisamente na parcela onde atopa este ben patrimonial, e sinala ademais que o proxecto pode afectar tamén a mámoas e a un foxo de lobos próximo.