A rede adianta o espectáculo que conmemora a Lois Pereiro

O espectáculo MundoLois está dirixido conta con Lino Braxe e Antela Cid

Sabendo como se sabe que Lois Pereiro dista moito das figuras ás que estamos acostumados nas Letras Galegas, non debería sorprender a proposta que xorde de Antón Reixa para se achegar á súa figura. MundoLois é un proxecto escénico multimedia no que música, audiovisual, teatro e literatura dan a mao para conmemorar este poeta. Lino Braxe e Antela Cid sobre o escenario, Alexandre González na música e a coordinación de Filmanova, Nordesía e Cachet poñen en escena o proxecto. A estrea, segundo o web, está prevista para o catro de marzo no Auditorio Municipal de Vigo. Un video de presentación ponnos sobre a pista do que poderemos atopar.

Dosier sobre a produción de MundoLois.