A asemblea que celebrou o pasado sábado a Asociación de Escritores en Lingua Galeg (AELG) acordou manter a Cesáreo Sánchez á fronte deste colectivo durante dous anos máis. Para alén, os escritores denunciaron o recorte dun 80% dos apoios públicos ás actividades da asociación o que, segundo eles, pon o colectivo en dificultades para manter unha estrutura estable e seguir organizando actividades. Sánchez anunciou a vindeira difusión dun comunicado contra a falta de apoio público ao conxunto da cultura. Ademais, a AELG pronunciouse contra o traslado dos fondos de Cela á Cidade da Cultura e solicitou que se paralice a construción de novos edificios e que se reformule o emprego dos exsitentes no Gaiás. No emsmo encontro, acordouse outorgarlle a Paco MartÃn a Letra E de Escritor e renderlle a homenaxe ao escritor na súa terra.