Foi un dos impulsores do cinema galego nos anos 70. Por iso, o Centro Galego de Artes da Imaxe quere lembrar o traballo pioneiro de Miguel Gato, cando se cumpren tres meses do seu pasamento. Será nunha xornada que terá lugar este sábado no que alén da proxección de tres dos traballos nos que participou (O herdeiro, Yeguas preñadas por el viento, Os cigarróns, O caso das galiñas aforcadas ) haberá unha mesa reonda na que estarán presentes Juan Hernández Les, Miguel Castelo eo produtor VÃctor Ruppen.