Quiosco: Caderno de Estudos Chairegos 5

A publicación do Instituto de Estudos Chairegos presenta diferentes traballos sobre a comarca

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Cartel da presentación do Caderno de estudos chairegos

Cartel da presentación do Caderno de estudos chairegos

A cumprir a súa periodicidade bienal, o Instituto de Estudos Chairegos presentaba o pasado 28 de xaneiro a quinta entrega da súa publicación. O Caderno de Estudos Chairegos número 5 recolle textos de investigación etnográfica como Os cruceiros da Terra Chá (Abadín), de Fernando Arribas e José Manuel Blanco Saavedra ou O caneiro de Santo André de Vanesa Cotoya Díaz. Canda a outros traballos, o volume recolle tamén o pregón do XXXVI Certame Literario-San Ramón 2010, de José-Luis Novo Cazón, poemas de Luz Airado Bello e as fotografías antigas que a asociación recolleu para as exposicións “Tal como eramos” de Vilalba e Guitiriz.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Blanco, Exposicións, Vilalba, Guitiriz

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares