Un web dedicado a difundir e repensar a poesÃa desde novos esquemas. Este é o obxectivo de poesiagalega.org, un proxecto do Grupo Alea de Análise Poética, vencellado á facultade de FiloloxÃa da Universidade de Santiago, que se vai presentar o vindeiro 11 de febreiro no Consello da Cultura Galega. A institución achegou o soporte técnico a este web, que achega contidos como gravacións das xornadas Translittera, artigos sobre este xénero, recensións e mesmo poemarios completos. Segundo Arturo Casas, coordinador da iniciativa, a idea base é "facer un discurso máis plurar sobre poesÃa e unir forzas para sacar máis rendemento".